II Jornadas de bioconstrucción ASOCIACIÓN ESPIGA en RÁBADE (LUGO)

difusion_RS_sinprograma01-300x141

Los próximos días 26, 27 y 28 de septiembre tendrán lugar las II Jornadas de Bioconstrucción, organizadas por la Asociación Espiga, en el Centro Sociocultural de Rábade (Luego). Aquí os dejamos toda la información:

Xa están aquí as II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN que organizamos este ano conxuntamente coa DEPUTACIÓN DE LUGO – TERRAS DO MIÑO, o CONCELLO DE RÁBADE e a colaboración da Asociación Galega para a Custodia do Territorio. Este ano terán lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL de Rábade, o  fin de semana do 26, 27 e 28 de setembro.

O tema elexido para este ano será o da MADEIRA ESTRUTURAL, contemplando nas xornadas un total de 14 conferencias e 4 obradoiros prácticos sobre diferentes temáticas dentro do sector. Quixemos abarcar dende a extracción, xestión dos montes, historia do uso e tipoloxías das madeiras usadas aquí en Galicia, así como todas as aplicacións e sistemas constructivos innovadores, onde poderemos escoitar dende relatores sobre a madeira laminada, contralaminada,  madeira maciza. Ademáis contaremos con un gran número de profesionais que darán información sobre as propiedades e comportamentos da madeira. O obxectivo de estas xornadas é aumentar o uso da madeira estructural en edificación xa non só dende o punto de vista da bioconstrución senón por moitos outros criterios como poden ser a durabilidade, a doada posta en obra e tempos de colocación, a beleza e o confort térmico. Esperamos que vos animedes a traer dúbidas técnicas para comentalas entre todas as asistentes e especialistas, tomando estas un ano máis xornadas como un punto de referencia para o encontro entre profesionais, usuarias e autoconstructoras para resolver dúbidas e compartir coñecementos.

Para mais información e inscripcións
http://espigabioconstrucion.org/?page_id=440

Anuncios

Publicado el 09/09/2014 en General. Añade a favoritos el enlace permanente. Comentarios desactivados en II Jornadas de bioconstrucción ASOCIACIÓN ESPIGA en RÁBADE (LUGO).

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: